O 11 de decembro será o festival das Minas da Pontenova

AMariñaXa
A Asociación Cultural e Deportiva As Minas da Pontenova informaron da celebración do seu Festival das Minas o día 11 de decembro.
1 XIV Festival das minas 2021
25 Nov 2021

A Asociación Cultural e Deportiva As Minas da Pontenova informaron da celebración do seu Festival das Minas o día 11 de decembro.

Esta festa contará con actuacións musicais de La Movida, dun DJ local e da asociación Eco das Minas. Tamén comunicaron que as camisetas serán as mesmas que as do ano pasado da edicicón non celebrada

O programa dará comezo ás 11.00 horas coa apertura e visita da mina Consuelo para espeleólogos federados, para o que hai prazas limitadas. Xa pola noite ás 21.00 horas será a gran churrascada popular e acto seguido será a quenda da música e os  espectáculos.

En todo momento contarán con medidas covid e aforo limitado para facer totalmente seguro o festival. Para máis información ou anotarse nos distintos eventos haberá que contactar coa organización mediante as súas redes sociais.

XIV Festival das minas 2021
0.078572988510132