O 1 de marzo os veciños de Lourenzá festaxarán o Domingo de Piñata

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
7 Feb 2020

O domingo 1 de marzo os veciños de Lourenzá festaxarán o Domingo de Piñata de Entroido.

Nesta xornada nenos e maiores vivirán unha gran festa coa celebración do tradicional Desfile e Concurso de Entroido.

O desfile, que comezará ás 16.30 horas, sairá desde o recinto feiral e percorrerá as principais rúas da vila ata a praza do Conde Santo, lugar onde se realizará a entrega de premios nas categorías infantil (individual, parella, grupos) e adulto (individual, charanga, grupos, grupos de máis de 10, parellas, carrozas e comparsa).

Ademais, este ano contarán cos dous premios especiais, ao máis chistoso e a temática da Festa da Faba, este último premio faise coa recaudación do tren turístico da faba.

Os premios para todas as modalidades da categoría infantil ascenden a 1285 euros e os da categoría adulto a 4750 euros.

Para participar é necesario anotarse antes do día 1 de marzo escribir a acial.lourenza@gmail.com , ou o mesmo día no recinto feiral.

Ademais, o luns 24 de febreiro Acial organiza unha festa infantil de 17 a 20 horas con chocolatada e animación, e a partir das 23.00 horas será o esperado baile de Entroido.

O desfile comezará arredor da 1.30 horas e terá 370 euros en premios repartido nas categorías individual, parella, grupos e o disfraz máis chistoso.

0.20273399353027