Novo curso de iaido en Cervo
AMariñaXa
O pavillón municipal dos deportes da Veiga acollerá os días 14 e 15 de agosto un novo curso de iaido a cargo de Antonio Gutiérrez Velilla.
11 Aug 2021
O pavillón municipal dos deportes da Veiga acollerá os días 14 e 15 de agosto un novo curso de iaido a cargo de Antonio Gutiérrez Velilla.
Será o sábado de 10.30 a 13.30 horas e de 16.30 a 19.30 horas, e o domingo de 10.30 a 13.30 horas.
O ideal técnico do Iaido non só consiste en realizar o corte perfecto, senón que se caracteriza por realizar cortes á vez que se desenvaina. Con todo, a súa profundidade como Arte transcende a unha procura da perfección, non só técnica senón espiritual. O dominio do sabre é o dominio do Espírito.
O curso está organizado pola Asociación Galega de Iaido e Jodo e os interesados en participar poden poñerse en contacto coa organización no teléfono 670 249 554.