Novo éxito do Encontro de Palilleiras celebrado este sábado en Cervo

O Concello de Cervo celebró este sábado unha nova edición do Encontro de Palilleiras e Feira de Artesanía, que acadou xa a súa décimo novena convocatoria. O evento desenvolveuse na carpa instalada na Praza dos Campos, en San Ciprián, converténdose unha vez máis nun punto de encontro para amantes da tradición artesanal.
Trátase dunha iniciativa plenamente asentada no calendario municipal, que tivo como principal obxectivo reivindicar e dar visibilidade a unha práctica artesanal de grande valor cultural. A elaboración de encaixe de bolillos seguiu viva grazas á constancia, habilidade e creatividade das persoas que manteñen este oficio, transmitido ao longo de xeracións.
Ao longo da xornada, o público asistente puido contemplar de preto diferentes pezas artesanais e presenciar en directo o traballo das palilleiras, o que contribuíu á difusión e preservación dunha actividade con séculos de historia.
A programación completouse coa celebración dunha Feira de Artesanía paralela, e contou coa colaboración da asociación Mulleres de San Ciprián A Rebolaxe, así como coa implicación da hostalaría local e da entidade Saúde Mental A Mariña.