Novo encontro de apicultores e Concello de Cervo para abordar a incidencia da avespa velutina e analizar a situación

AMariñaXa
As persoas apicultoras do municipio mantiveron un encontro co rexedor e a edil de Medio Ambiente para abordar a incidencia da avespa velutina
2024 reunión apicultores cervo
15 Mar 2024

A alcaldesa, Dolores García Caramés, a edil de Medio Ambiente e o concelleiro de Zona Rural, Mali Méndez e Adrián Arias, respectivamente, mantiveron un novo encontro coas persoas apicultoras do municipio a fin de abordar a incidencia da avespa velutina na actualidade e analizar a situación actual da praga, nunha charla na que interveu tamén o responsable do GES, Mario Antuña.

Tal e como apuntaron, o obxectivo deste novo encontro “é seguir estando, tal como vimos facendo dende que temos constancia da presenza desta especie invasora no noso Concello, ao carón dos nosos apicultores, e tentar protexer, na medida das nosas posibilidades, o seu traballo e o das súas abellas; coa campaña de entrega de atraentes de balde, que comezamos no 2017, e que, tal e como nos trasladaron, tivo a súa eficacia”.

De feito, nesta reunión, logo de poñer en común a evolución das colmeas concluíuse que nas videiras semanas o Concello “vai facer unha nova entrega de produto atrainte de balde, co fin de atacar ás raíñas nesta primavera, que é o momento crucial para facelo, para tentar así frear a expansión da velutina e a formación de niños de cara aos vindeiros meses”.

0.19555282592773