Novo curso de iaido en Cervo
AMariñaXa
O pavillón municipal dos deportes da Veiga organiza o 26 de xuño entre as 10.30 e as 13.30, un curso de iaido con Miguel Ángel Rojo Darriba.
5 May 2021
O pavillón municipal dos deportes da Veiga acollerá para o 26 de xuño, entre as 10.30 e as 13.30 horas, un novo curso de iaido a cargo de Miguel Ángel Rojo Darriba.
O ideal técnico do Iaido non só consiste en realizar o corte perfecto, senón que se caracteriza por realizar cortes á vez que se desenvaina. Con todo, a súa profundidade como Arte transcende a unha procura da perfección, non só técnica senón espiritual. O dominio do sabre é o dominio do Espírito.
O curso está organizado pola Asociación Galega de Iaido e Jodo e os interesados en participar poden poñerse en contacto coa organización no teléfono 670 249 554.