Novo curso de esquimotaxe na piscina olímpica de Cervo
AMariñaXa
O club de piragüismo Cidade de Lugo organiza este domingo en Cervo, un curso de iniciación ao esquimotaxe na piscina olímpica de Lieiro.
18 Feb 2022
O club de piragüismo Cidade de Lugo organiza este domingo 20 de febreiro en Cervo, un curso de iniciación ao esquimotaxe que se desenvolverá na piscina olímpica de Lieiro.
Está organizado coa colaboración da sección de piragüismo do Club Deportivo San Ciprián e do Concello de Cervo. O curso celebrarase o domingo 20 e terá lugar en horario de mañá e tarde, de 10.00 a 19.00 horas.
A actividade desenvolverase durante todo o día en grupos reducidos con pausa para comer. Para poder participar é imprescindible saber nadar 50 metros e levar bañador, gorro piscina, camiseta, chanclas e toalla.
Un técnico evaluará o nivel dos participantes e o adecuará aos mesmos.