Novidades xudiciales sobre os despidos nos Ertes

AMariñaXa
Por Verónica Díaz Abad O xulgado do Social número tres de Sabadell, en sentenza de  6 de xullo deste ano 2020,  ven a reforzar  o concepto de nulidade dos despidos derivados da crise sanitaria provocada polo Covid-19  durante o periodo do estado de alarma.
10 Ago 2020

Por Verónica Díaz Abad

O xulgado do Social número tres de Sabadell, en sentenza de  6 de xullo deste ano 2020,  ven a reforzar  o concepto de nulidade dos despidos derivados da crise sanitaria provocada polo Covid-19  durante o periodo do estado de alarma.

Mediante esta sentenza declarase nulo o despedemento e obligase  a empresa demandada  a readmitir a traballadora, ca que mantiña un contrato laboral de carácter temporal e a abonarlle o salario desde o día despois de despido.

A sentenza di que el artigo dous do Real Decreto 9/2020   que aprobou o Goberno tras declarar o estado de alarma pola crise sanitaria polo que se adoptan  medidas complementarias  no ámbito laboral co obxetivo fundamental de salvagardar o empleo, e de total aplicación do caso enxuizado-

O xulgado “a quo” fundamenta o seu razonamento xurídico  en  que  o dito artigo indica que non se  pode entender  como  causas xustificativas  da extinición laboral nin do despido,  nin a  suspensión de contrato nin a reducción de xornada.

O xuiz entendeo que se habían incumprido pola empresa as normas de aplicación nos ERTES.

Certo é, que neste caso parece traslucirse que a causa argumentada pola empresa para o despido é discriminatoria. O xuíz declarara inexistente  o motivo alegado pola empresa  indicando que a  mesma se ampara en causa inexistente  para conseguir un resultado prohibido polo ordenamento xuridico, constituindo así fraude de lei.

Conforme ao Estatuto de Traballadores un despido ou decisión extintiva   e nula e así se declarara polo xuiz correspondente cando dita decisión resulte discriminatoria, como parece ser o caso, ou contraria aos dereitos fundamentais e libertades públicas do  traballador.

As consecuencias inmediatas na declaración de despido como nulo é a readmisión inmediata do traballador no seu posto de traballo, isto é, o posto que viña desenvolvendo e o abono dos salarios deixados de percibir dende a data do despido ata  a notificación da sentenza.

A readmisión do traballador desde a firmeza da sentenza, debe de facerse nos términos adecuados, baixo posible sanción para a empresa, isto é, non se pode alegar  como excusa para o seu incumprimento  a falta de posto de traballo no centro que prestaba os servizos o traballador, nin readmitilo  en distinto centro ou con outra categoría profesional.

Así pois, deixamos este breve apunte, sobre esta sentenza que aplicou as medidas previstas e afectas  polo goberno para a salvagarda dos postos de traballo.

0.1839611530304