Nove locais participarán no October Fest de Foz

Foz
AMariñaXa
Os días 11 e 12 de outubro celebrarase en Foz a October Fest, que organiza AciaFozCCA
presentación-Oktober-Fest-Foz
4 Out 2024

Os días 11 e 12 de outubro celebrarase en Foz a October Fest, que organiza AciaFozCCA. “A cervexa será a protagonista en Foz os días 11 e 12 de outubro. Nos negocios participantes poderemos atopar moitas variedades desde as clásicas ata as artesás e de autor e tamén tapas especiais para celebrar a Oktober Fest e para acompañar ás cervexas”, explicou o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo.

Subliñou que “o obxectivo é dinamizar a hostalería local a véspera do Pilar e esa mesma xornada festiva, que coincide en sábado”. A October Fest foi presentada polo presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, a xefa da Área de Turismo da Xunta de Galicia en Lugo, Paloma Vázquez, o alcalde focego, Fran Cajoto, e a concelleira de Comercio, Kathy Navarro. A Oktober Fest está organizada por AciaFozCCA, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz. Na cita participarán nove locais hostaleiros: Augas Santas, Bar 78, Clario Disko, Dandy Restaurante, Marexada, Mexideli, Namarinos, O Muelle Bar e O Tangarte.

0.17449498176575