Nove locais participarán na nova edición da Ruta de Pinchos en O Vicedo

AMariñaXa
A cita gastronómica celebrará a súa décimo sexta edición os días 17, 18, 24 e 25 de abril, con nove locais participantes e pinchos a 4 euros
O VICEDO ruta pincho 2026
9 Apr 2026

A Ruta de Pinchos regresará este mes cunha nova edición que volverá converter a hostalaría local nun dos grandes reclamos da primavera. A proposta, organizada no municipio, celebrará a súa décimo sexta edición durante dúas fins de semana consecutivas, os días 17, 18, 24 e 25 de abril, cun percorrido por distintos establecementos e co formato xa consolidado de degustación popular.

O cartel avanzado por Turismo dá a coñecer unha primeira relación de locais participantes e confirma que o prezo do pincho será de 4 euros. A ruta contará ademais cun sorteo de batidoras-picadoras Bosch entre a clientela que deposite o seu voto, ao tempo que tamén haberá recoñecemento para o mellor pincho segundo a votación popular.

Na primeira quenda, prevista para o venres 17 e o sábado 18 de abril, participarán o restaurante Aréa Grande, en San Román; o chiringuito Abrela, en Suegos; e o café-bar Alba, en Folgueiro. A segunda parte da ruta desenvolverase o venres 24 e o sábado 25 de abril, con parada no café-bar San Esteban, que participará só o venres; La Bodeguita del Puerto; o mesón O Remo, tamén só o venres; a cafetería Casa da Cultura; o café-bar Santo Domingo, só o venres; e o merendeiro Los Árboles, en Xilloi.

0.11739993095398