Novas Xeracións da provincia elixirá novo presidente no mes de setembro

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A convocatoria do cónclave foi acordada nunha reunión da Xunta Directiva Provincial
nicole-grueira-pp-novas-xeracions
Nicole Grueira
29 Xul 2024

Novas Xeracións da provincia de Lugo vén de acordar na reunión da súa xunta directiva a convocatoria dun congreso extraordinario que se celebrará o vindeiro venres 6 de setembro para elixir novo presidente ou presidenta e renovar a dirección provincial da formación xuvenil.

Os membros da xunta directiva provincial tamén designaron como responsables do Comité Organizador do Congreso a Roberto Fernández -presidente-, Silvia García – secretaria- e Santiago Amedo – vocal-.

O prazo para a presentación de candidaturas á presidencia de NNXX da provincia de Lugo iníciase este mesmo venres e remata o mércores 7 de agosto. As candidaturas deberán contar co aval dun mínimo de 25 sinaturas de afiliados ou afiliadas. Trala comprobación dos datos e documentación, a proclamación das candidaturas válidas presentadas determinarase o venres 9 de agosto.

A campaña electoral interna estenderase do sábado 10 de gosto ao venres 30 de agosto.

0.21691298484802