Nova edición dos mércores de natureza do Vicedo

AMariñaXa
Nova edición dos mércores de natureza do Concello do Vicedo para este verán que comeza este mércores 27 de xullo
fucino do porco o vicedo
26 Xul 2022

Nova edición dos mércores de natureza do Concello do Vicedo para este verán. Nesta ocasión o mércores 27 de xullo ás 10.00 horas celebrarase unha ruta xeolóxica que percorre dous puntos moi importantes a nivel xeolóxico na xeografía da mariña.

Comezará na praia de Area Grande para desprazarse despois en coches particulares ata a praia de Xilloi.

A ruta será guiada polo xeólogo Fran Canosa, é gratuita e hai prazas limitadas polo que compre anotarse chamando ao teléfono 982 59 01 95 ou no mail omix@concellodovicedo.org

0.160236120224