Nova edición do programa de estimulación da memoria Barreiros Activa Mente

AMariñaXa
O Concello de Barreiros organiza de novo o programa Barreiros ActivaMente. Un programa que atende ás necesidades das persoas maiores
barreiros activamente 2022 1
19 Out 2022

O Concello de Barreiros, desde a área de Educación Familiar do Departamento de Servizos Sociais e en colaboración coa Concellería de Participación e Dinamización Veciñal organiza o programa Barreiros Activa Mente. Este programa atende ás necesidades das persoas maiores para manter unha mente activa, estimulada e entretida.

Barreiros ActivaMente está destinado a persoas maiores de 65 anos, xubiladas maiores de 60 anos ou con discapacidade; que se consideren idóneas para participar nos mesmos.

As actividades levaranse a cabo en 4 lugares do concello e terán unha duración dunha hora semanal e unha taxa única de 10€/ano.

Para inscribirse, as persoas interesadas deben presentar no Concello de Barreiros o anexo de pre-inscrición que se pode descargar desde a seguinte ligazón antes do martes 25 de outubro de 2022.

Unha vez finalizado o prazo de pre-inscrición, a educadora familiar poñerase en contacto coas persoas interesadas en participar para confirmar os locais e horarios definitivos.

Desde a área de Educación Familiar salientan a importancia destes talleres de aprendizaxe e lecer para favorecer o proceso de envellecemento activo traballando a memoria, a atención, a concentración e potenciando as relacións entre a veciñanza do concello.

barreiros activamente 2022
0.18252897262573