Nova edición do Festival Folclórico Internacional do Emigrante de Barreiros
Nova edición do Festival Folclórico Internacional do Emigrante, que este ano contará coa participación de grupos folclóricos chegados de Xeorxia e México.
O evento celebrarase no campo de fútbol das Valgas, na parroquia de San Miguel de Reinante no Concello de Barreiros os días 5 e 6 de agosto ás 22.00 horas.
O venres 5 celebrarase unha gran foliada a partir das 21.00 horas e o sábado 6, a partir as 22.00 horas celebrarase o o XXXIX Festival Folclórico Internacional do Emigrante.
Este ano daranse cita as formacións folclóricas de Xeorxia, The Ensemble University Flying Georgians; de México Compañía de Danza Folklórica Tierras Mexicanas e por suposto a agrupación local Folclórica O Arco dá Vella de San Miguel de Reinante.
Neste festival adoitan participar numerosos grupos de danza e música folclórica galega que se reunen cada ano o primeiro sábado de agosto na parroquia de San Miguel de Reinante para participar neste festival, que naceu fai máis de trinta anos, organizado pola Asociación Folclórica O Arco da Vella.
O Festival Folclórico Internacional do Emigrante adquiriu a categoría de Festa de Galicia de Interese no ano 2007 grazas a se singularidade, o valor cultural que representa e o seu arraigamento.