Nova edición de 'Cervo Concilia' para as familias en Nadal
AMariñaXa
Un programa dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos
25 Nov 2024
O Concello de Cervo organiza para este Nadal unha nova edición do programa 'Cervo Concilia', que dará comezo o 23 de decembro.
Este programa, que está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, componse dun completo calendario de actividades educativas e lúdicas pensadas para entreter ás crianzas nestas datas de lecer, sen deixar de lado a aprendizaxe e incidindo especialmente no concepto da conciliación das familias.
Estenderase durante as vacacións de Nadal, finalizando o 7 de xaneiro, en horario de 8.30 a 14.30 horas.
As inscricións están a disposición das familias na Casa da Cultura de San Ciprián e na Casa do Concello. O prazo para anotarse remata o 13 de decembro e as prazas son limitadas.