Nova edición das Xornadas da Faba Verdina de Mondoñedo

AMariñaXa
Os vindeiros días 3, 4 e 5 de decembro de 2021 terá lugar en Mondoñedo a terceira edición das Xornadas da Faba Verdina
iii xornadas faba verdina mondonedo 1
29 Nov 2021

Os vindeiros días 3, 4 e 5 de decembro de 2021 terá lugar en Mondoñedo a terceira edición das Xornadas da Faba Verdina no que se poderán degustar diversas preparacións da faba verdina, en tapa, nos locales da hostalería de Mondoñedo.

Esta actividade preséntase como unha oportunidade única de poder achegarse a coñecer un produto local de gran calidade e cultivado na nosa zona.

Os locais participantes nesta edición serán: A Cova, A Tasca, Bodegón a Catedral, Café Bar Castro, O Padornelo, O Palique, O Porriño, Viñoteca O Petisco e Viñoteca Segundo.

Os horarios para poder degustalas, de xeito gratuíto, serán o venres, día 3 de decembro, dende as 20.00 ás 23.00 horas, o sábado, día 4, dende as 12.00 ás 15.00 e dende as 20.00 ás 23.00 horas e o domingo, día 5, dende as 12.00 ás 15.00 horas.

iii xornadas faba verdina mondonedo
0.17563104629517