Nova edición da ruta das Perseidas de Xove
AMariñaXa
O Concello de Xove vén de publicar que o vindeiro venres 12 de agosto teñen programado a ruta de sendeirismo As Perseidas.
9 Ago 2022
O Concello de Xove vén de publicar que o vindeiro venres 12 de agosto teñen programado a ruta de sendeirismo As Perseidas.
Esta ruta fará a súa saída ás 23.00 horas de A Balea Verde na praia de Morás e terá unha duración de aproximadamente 2 horas. Recomendan levar luz frontal ou unha lanterna, bastóns e esterilla ou manta para poderse sentar no chan e desfrutar das estrelas.
Para inscribirse na mesma hai que facelo na OMIX habendo de prazo ata o mesmo día 12 de agosto e malia que as prazas son limitadas.