Nova edición da Marcha da Merluza de Burela para febreiro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
16 Xan 2020

Estáse a preparar unha nova convocatoria da Marcha da Merluza de Burela, que este ano chega a súa sétima edición e será o 2 de febreiro.

Espérase que participen máis de douscentos ciclistas nesta ruta BTT que percorrerá uns 33 quilómetros de traxecto e practicamente polo monte.

Xa é posible inscribirse, na web www.championchipnorte.com, con cotas de 16 euros para cicloturistas con licenza federativa en vigor e de 24 para os non federados.

A saída está programada para ás 9.30 horas do 2 de febreiro e despois da carreira poderase facer un xantar con pescada e desfrutar dunha xornada de convivencia.

0.1942310333252