Nova edición da Concentración de Asociacións de Sendeirismo e tempo libre da Pontenova
A Pontenova acollerá un ano máis, a Concentración de Asociacións de Sendeirismo e tempo libre de Asturias e Galicia e que chega a súa décimo cuarta edición.
Será o 6 de maio e consistirá nun percorrido programado pola ruta das minas con unha pequena variación e terá 11 quilómetros e de dificultade media.
Esta ruta comezarán ás 9.30 coa concentración dos participantes na praza dos Fornos, para despois dar comezo ás rutas. E ao mediodía haberá un xantar a base de bolos de liscos, bolos preñados, sobremesa e bebidas.
Pola tarde, ás 16.00 horas, será o sorteo de prendas de trekking entre os asistentes que consistirán en prendas de trekking, ceas, estancias de hoteis, unha visita á Mina Consuelo, etc.
Para participar é necesario inscibirse gratuitamente chamando ao 982 342 101, 697 532 809 ou no emial turismo@concellodapontenova.org antes do 4 de maio.