Volve a nova edición da carreira do verán focego, XIV Run Foz Run
Volve un verán máis a carreira popular do concello focego, Run Foz Run, que chega a súa décimo cuarta edición. Así o anunciaron os organizadores da carreira de verán, que este ano celebrarase o 13 de agosto.
Poderán participar na categoría andaina, que será a partir das 10.00 horas, todo o mundo, e despois haberá categorías para a carreira popular que farán a súas saídas a partir das 10.05 horas..
Haberá cadetes, infantís, alevíns, benxamíns, pícaros e absoluta e todos terán que recoller o seu dorsal o día anterior no Cenima de Foz e excepcionalmente previo aviso o día da proba.
A andaina e as carreiras serán sobre un circuíto de 200 m para pícaros, 800m benxamíns, 1000 m alevíns, 1.600m infantís e cadetes e 7.000 m para a competición absoluta. Con saída e meta no paseo da Ribeira, fronte ao Cenima.
A competición transcorrerá por un circuíto mixto, sobre un percorrido de 7.000 metros, polas rúas de Foz e a zona do paseo da Ría, e o tempo máximo para percorrer os 7000m será de 59 minutos.
Para máis información pódese consultar a páxina web do evento e as inscricións poden facerse en www. sportmaniacs.com.