Nova edición da campaña de concienciación medioambiental Coida Cervo
O Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, anima á veciñanza a participar na campaña de concienciación medioambiental Coida Cervo, unha iniciativa de voluntariado aberta a toda a poboación “co obxectivo de poñer en valor as boas prácticas individuais no noso día a día no coidado e protección da contorna”, tal e como precisaron a rexedora, Dolores García Caramés, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, durante a presentación do programa este mediodía na Casa do Concello.
O programa que se articula sobre tres eixos de actuación (praias e ríos; montes e camiños e reciclaxe de plástico, vidro e cartón) arrincará o próximo mércores 13 de marzo, na praia da Caosa ás 17.00 horas, e as persoas interesadas en participar poden anotarse na oficina de voluntariado na Casa da Cultura o no teléfono 982 595 157.
Tal e como apuntou a alcaldesa, “Cada día temos máis conciencia ecolóxica pero queda moito camiño por percorrer, queremos que Cervo siga medrando como concello ecoamigable, e para elo necesitamos tamén da colaboración da veciñanza, que agardamos que se sume a esta proposta”.
O programa terá o seguinte calendario en praias e ríos 13 de marzo, 10 abril, 8 maio e 10 xuño. En montes e camiños será o 20 de marzo, 17 de abril; 15 de maio e 17 de xuño. O de reciclaxe plástico e cartón será o 27 de marzo, 24 de abril, 22 de maio e 24 de xuño.