Nova concentración no Hospital da Mariña para denunciar as carencias sanitarias da comarca

AMariñaXa
A mobilización convocada pola Xunta de Persoal foi secunda por todas as categorías profesionais e usuarios da sanidade
cig-saude-a-mariña
Mobilizacións no Hospital da Mariña
14 Apr 2025

A Xunta de Persoal do distrito sanitario da mariña fixo este luns un chamamento a tódalas categorías profesionais a secundar a convocatoria de concentración "En Defensa dos Pacientes da Mariña" que tivo lugar na entrada do hospital.

Persoal facultativo solicitou a dita xunta de persoal a convocatoria das concentracións “para sumar a todas e todos as traballadoras e traballadores nunha mesma loita: denunciar as carencias dun Hospital da Mariña incapaz de cubrir as necesidades sanitarias da veciñanza da comarca”.

A concentración de protesta foi secunda por todas as categorías profesionais á que tamén se sumaron usarios da sanidade.

⚙ Configurar cookies
0.15871405601501