Nova banda confirmada no Resurrection Fest: Judas Priest

AMariñaXa
Xa repiten no festival e celebran os 35 anos de 'Painkiller'
resurrection-novo-2025
8 Nov 2024

Judas Priest celebrará os 35 anos de 'Painkiller' no Aniversario do Resurrection Fest. Tras o seu paso irresistible hai 3 anos no Resurrection Fest coa súa xira '50 Heavy metal years', os británicos Judas Priest regresan á Viveiro para celebrar o aniversario e tamén o dun dos seus mellores discos.

Dentro da xira ‘The Shield of Pain Tour’, Rob Halford e os seus non só presentarán o seu recente traballo de estudo ‘Invincible Shield’, senón que ademais celebrarán os 35 anos do lanzamento dun dos seus mellores traballos, ‘Painkiller’. Tampouco poderán faltar en directo unha gran parte dos himnos da banda, así que os fans do heavy metal non poderán perderse esta cita.

A día de hoxe son unha das principais bandas de heavy a nivel mundial e, xunto aos xa confirmados Slipknot, Judas Priest serán outro dos grandes nomes desta edición. Pero isto só comezou, indican desde a organización.

 SORTEO ACTIVO

Para celebrarlo imos  sortear cinco abonos individuais para que poidan disfrutar do Resurrection Fest Estrella Galicia 2025. Para participar deben seguir a @resurrectionfest nas redes sociais, dar like á publicación do sorteo e mencionar a esa amizade ou familiar co que un viría ao Resurrection.

0.1950900554657