Nos próximos días vaise reparar o firme en varias rotondas de Viveiro
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Servicio Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Xunta de Galicia vai reparar nos próximos días o firme nas rotondas de Verxeles, Ecce Homo e a Estación de Autobuses, dando resposta ás reiteradas solicitudes do Concello de Viveiro.
4 Jul 2020

Co fin de evitar problemas de tráfico, o equipo de goberno de Viveiro tomou a decisión de realizar o traballo en horario nocturno a partir das 23:00 horas.
Se as condicións atmosféricas o permiten, a empresa de mantemento de Infraestruturas, Copasa, ten planificado repoñer o aglomerado nas noites do martes 14, mércores 15 e xoves 16 do presente mes.
O Concello de Viveiro pide disculpas á veciñanza polas molestias que as obras poidan provocar.