Nordés organiza unha actividade en liña en defensa do rural
AMariñaXa
A asociación Nordés vén de organizar unha nova actividade para este sábado. Tratáse da cuarta edición das xornadas, Alternativas do Rural.
17 Feb 2021
A asociación Nordés vén de organizar unha nova actividade para este sábado. Tratáse da cuarta edición das xornadas, Alternativas do Rural, que xiran aorredor de vellos oficios para un tempo novo. O sábado 20 de febreiro, ás 18:00 horas falarán de xeito virtual con persoas que queren manterse no rural e que para iso emprenderon o camiño de facer da produción de queixo, mel ou sidra a base principal da súa economía.
Participan nesta actividade, María Veiga de BISQATO, taller lácteo artesanal; Jesús Armenteros do Lagar de Ribela, empresa familiar de producción de sidra galega, e Antonio Martínez de Mel do Santar e Manuel Rodríguez de AGA Ortegal.
Pódese participar directamente a través da plataforma de videochamada Jitsi Meet (https://meet.jit.si/nordés) ou a través da nosa canle de Youtube Nordes Faladora (https://youtu.be/7OMk4_A1Jho).