Nordés organiza as XII Xornada Memoria dun Tempo no Vicedo
A asociación Nordés vén de organizar unha nova actividade para a vindeira semana de agosto, en concreto para os días 25, 26 e 27, e baixo o nome Xornadas Memoria dun tempo.
Serán na casa da cultura do Vicedo e comezará o xoves 25 ás 19.00 horas con Os berros da motocicleta, banda deseñada sobre a vida de Josefina Arruti Viaño e contará cunha charla coa investigadora Montse Fajardo e o debuxante Fuco Prado.
O venres 26 ás 19.00 horas será a quenda do Diálogo entre a literatura, a memoria e a banda deseñada, coas aportacións de Paula Carballeira, actriz e escritora, e Manél Cráneo, debuxante e editor.
O sábado 27 ás 11.00 horas haberá un obradoiro de banda deseñada con Manél Cráneo. Unha xornada de mañá de balde ata a 13.00 para a que é necesaria a inscrición previa en asociación.nordes@gmail.com ou en 628 566 900.
Acto seguido na ponte Vella do Barqueiro farase a X Homenaxe a persoas republicanas e libertarias.