Nordés programa a súa primeira ruta solidaria

AMariñaXa
Abre o prazo de inscricións para a 1ª Andaina Solidaria organizada por Nordés, a asociación polo desenvolvemento das Terras da Faladora, en colaboración co Concello de Mañón.
2016.-Algas,-a-esencia-dos-nosos-mares-Nordes-
1 Xul 2024

Abre o prazo de inscricións para a 1ª Andaina Solidaria organizada por Nordés, a asociación polo desenvolvemento das Terras da Faladora, en colaboración co Concello de Mañón. Cun percorrido de 5 quilómetros con saída e chegada á Praza do Mesón do Barqueiro, terá lugar o sábado 20 de xullo, estando aberto o prazo para as inscricións ata o venres 19.

O prezo da inscrición solidaria é de 15 euros para os adultos e 10 euros para menores de 18 anos, destinándose a totalidade do recadado para unha causa solidaria, que nesta ocasión será a doazón dos cartos a unha ONG ou institución que traballe coa infancia na Franxa de Gaza. Sabido é que dende outubro pasado máis de 14.000l menores foron mortos nese territorio do estado Palestino pola acción dos  bombardeos, accións bélicas, fame ou enfermidades.

Para anotarse haberá que facer o ingreso do prezo de inscrición no número de conta de Nordés: ES24 0182 0679 2602 0158 2325, ou por Bizum ao número 653 75 64 54 (Ricardo B.), dando os datos da persoa ou persoas inscritas por WhatsApp a ese mesmo número de teléfono.

0.20465302467346