Nenos e abuso da tecnoloxía. Dano silencioso
Por Julio Díaz
A tecnoloxía inunda cada vez máis a nosa vida diaria en todos os ámbitos que nos poidamos imaxinar.
Os nenos de antano nacían cun pan baixo o brazo, os nenos de hoxe nacen practicamente cun aparato tecnolóxico nas súas mans. Dende moi novos, familiarízanse cos móbiles, coas tabletas, TV e forman parte do seu hábitat natural.
Somos moitas veces os mesmos adultos os que promovemos o uso destas tecnoloxías para tranquilizalos e mantelos ocupados para que non molesten. Craso erro facer un uso destas como pacificador emocional dos nosos menos, cando o que debería ser era ensinarlles a controlar as súas emocións, ensinarlles técnicas para calmarse e analizar con eles as posibles resolucións aos conflitos que xorden no día a día.
A Organización Mundial da Saúde (OMS) establece que os bebés de 0 ata 2 anos non deben ter ningún contacto con dispositivos electrónicos.
Os rapaces de 3 a 5 anos deben limitar o seu uso a 1 hora diaria como máximo, mentres que os de 6 a 18 anos a 2 horas por día.
Aprender a falar máis tarde, moita peor psicomotricidade e un importante aumento na frustración son consecuencias do manexo de pantallas en menores de 3 anos cando o seu cerebro está en pleno desenrolo e se ve exposto a multitude de estímulos para os que non están preparados a procesar.
Un estudio realizado con nenos de entre seis meses e dous anos confirmaba que estes están demasiadas horas ao día en contacto con smartphones, tablets, TV, teñen niveis máis baixos en mielina. A mielina é unha substancia que recubre os axóns das neuronas, o que permite que a conectividade neuronal e a súa velocidade sexan as adecuadas. É dicir, se hai diminucións da mielina, o procesamento cerebral e máis lento.
A mellor maneira de estimular un pequeno para o desenrolo da linguaxe é a interacción con outros nenos e con adultos.
Ademais de afectar a unha correcta adquisición da linguaxe, o uso das pantallas pode tamén afectar no corpo emocional. Distintos estudos suxiren que a exposición excesiva contribúe a un aumento de ansiedade, depresión e problemas de sono no nosos menos/as. Tamén ao illamento social e son tamén máis propensos/as ao acoso e ao bullyng a través dos medios dixitais.
En termos de saúde física obsérvase unha asociación entre a exposición prolongada ás pantallas cun maior risco de obesidade infantil . Os nenos “dixitalizados” pasan largas horas fronte a dispositivos electrónicos levando unha vida sedentaria, que limita a súa participación en actividades físicas e aumenta a posibilidade de desenrolar problemas de peso e saúde.
Destacar, para rematar, que dentro das distintas competencias clave que establece a LOMLOE, a “Competencia Dixital” pon en valor que se debe aplicar o uso seguro, saudable, crítico e responsable das tecnoloxías dixitais para a aprendizaxe, para o traballo e para a participación na sociedade, así como a interacción con estas.