Neipín, na Pontenova, prepara as festas de Santa Apolonia

A parroquia de Neipín, na Pontenova, prepara as festas na honra de Santa Apolonia para o vindeiro 19 de febreiro de 2022.
A festa, a que haberá que asistir obligatoriamente co certificado covid, dará comezo ás 13.00 horas coa misa solemne e a sesión vermú amenizada polo Dúo Eclipse.
Xa pola noite, a mesma orquestra e DJ Alejandro animarán a festa para os veciños e asistentes.