Nahrin: “Os nosos produtos naturais axudan sen causar efectos secundarios”

Que é Nahrin?
Esta é unha empresa de Suíza que leva máis de 70 anos no mercado e ten a súa sede en España, desde onde se envían os produtos. Nós estamos no polígono industrial El Cortaficio na rúa B, nave 4A. Antes, a empresa operaba desde Barcelona, desde onde xestionou a súa actividade durante 20 anos, pero agora instalouse aquí, comercializando en España e Portugal produtos de nutrición e de cosmética para todo o que é o coidado da saúde.
Os produtos son naturais e seguen modernas técnicas de produción e baixo as estritas normas de calidade suízas. O obxectivo é contribuír de maneira activa na mellora da saúde e da calidade de vida de todas aquelas persoas que están interesadas tanto no seu benestar como no das súas familias.
Con que profesionais traballan?
Nós traballamos tanto con profesionais, sexa masaxista, un centro de ioga, unha perruquería… ademais, quen queira falarlle a un cliente dos produtos e vendelo pode ter un ingreso adicional. Temos unha plataforma con formacións de produto que tanto profesionais como non profesionais poden ver para formarse sobre o produto e poden recomendarllo aos seus clientes. A empresa véndeos con desconto e o cliente paga o prezo de venda final, polo que teñen unha ganancia de vender eses produtos.
Que teñen de especial os produtos que comercializan?
En canto a materia prima, Nahrin sempre escolle a materia prima co extracto máis potente ou concentrado e de maior calidade, traballando sempre coa excelencia. O cliente nota rapidamente o efecto do produto. Tanto en cremas como en suplementos nutricionais nótase moito o efecto, vese moi rápido. Ademais, é todo natural, sen químicos; así como no proceso tamén apostan por procesos que inclúan o medio ambiente, pois traballan con placas solares, a auga obtéñena da terra directamente… Ou sexa, é todo moi enfocado a coidar o medio ambiente e coidar moito a elaboración dos seus produtos para que sexan o máis naturais posible, pero tamén eficaces.

A saúde, a base da marca, non?
Si, é unha actividade que se dedica a mellorar a saúde da xente e por riba permite que unha perruquería ou un centro de saúde teña produtos mellores. Ti cando abres un negocio como unha perruquería, un centro de saúde, un centro de ioga, ao final ti buscas que o teu cliente se sinta ben, que estea contento, que estea feliz, polo que ofreces un servizo a maiores.
É unha maneira adicional de que as persoas se sintan mellor. E é mellor que, en vez de tomar un químico que che vai estragar outra cousa, tomar algo natural que che vai axudar a aliviar todos eses problemas ou a solucionalos; e por riba non ten ningunha contraindicación e non che vai xurdir ningunha consecuencia ao tomar ese produto, como che pode pasar cun medicamento.
Falaba antes da formación.
Si, hai formacións que se van facendo en liña, e se non poden asistir quedan gravadas. Entón a persoa cando se dá de alta ten acceso a esa plataforma na que pode acceder a todas as formacións e pode velas as veces que queira. E logo hai un teléfono sempre de atención por se ten algunha dúbida ou me consulta que lle podería ir ben e demais. Eu son a directora comercial e levo 23 anos traballando, polo que son quen fai as formacións. Por iso, a xente fágame a consulta e son eu quen atende persoalmente. Aconséllolle sobre o que lle vai mellor á clienta.
Poderíase dicir que é unha atención personalizada.
Si que é unha atención o máis personalizada posible e o máis fácil posible tamén para a persoa que comeza, para que poida consultar no momento todas as súas dúbidas. Seguimos atendendo aos nosos fieis clientes de Cataluña, porque é onde tiñamos a sede, pero agora aquí temos que ir comezando a buscar clientes aquí, xa que estamos empezando a medrar na zona, pero sobre todo a base é atender a todos eses clientes de anos que levamos atendendo, que son moitísimos.
Cre que vai ser doado abrirse camiño nesta zona de España?
Eu creo que si, porque nesta zona, tanto Asturias como Galicia, foi unha zona de moito traballo de campo, moito traballo con animais, moita xente moi traballadora, hai moito tema de dor e de desgaste de ósos e demais, e nós somos especialistas en tratamento da dor. O grupo de clientes máis grande que temos fidelizados é de alivio da dor, tanto con cápsulas para rexenerar, como xarope natural para aliviar a dor, como un aceite, unha crema… Entón cremos que podemos axudar moito á xente que teña dor, á que convidamos a probar os nosos produtos.
De feito, estamos traballando con fisioterapeutas, con acupuntores e outros profesionais que recomendan os nosos produtos que diminúen a dor. Temos unha liña de cremas e aceite que é interesante para aquela xente que toma moita medicación e que ten moita dor, xa que aplicarse iso alivia moitísimo e evita que tomes máis medicamentos. Están usando algo natural e creo que hai moitísima xente á que lle viría ben usalo.