Nace o Foro Económico da Mariña

TerraChaXa | AMariñaXa
11 Mar 2019

O Foro Económico da Mariña é unha organización social e cultural que ten como obxecto promover a difusión do coñecemento, o estudo e a análise referida ás diferentes problemáticas e expectativas que concirnen ao conxunto da sociedade, con especial incidencia nos aspectos socioeconómicos da cidadanía mariñá.
Esta asociación pretende ser un punto de unión e encontro para os empresarios e cidadáns da comarca, dando resposta a algunhas cuestións que crean incertidume así como poñendo en común todas aquelas ideas de mellora para unha zona na que viven máis de 80.000 persoas.
A súa presidenta, Inés López Couto, é unha economista da Mariña, que xunto cun grupo doutras persoas implicadas activamente na vida social da comarca, comparten inquedanzas e decidiron iniciar este proxecto coa ilusión de traballar para mellorar e axudar á xente da zona.
O Foro Económico da Mariña pretende desenvolver actividades non só relacionadas con temática económica e produtiva, senón tamén coa formación e a cultura, debido á importancia que estes campos teñen na sociedade, para a mellora e crecemento da mesma.

0.13972902297974