Nace, Modepen A Mariña, un grupo de pensionistas integrado no Movemento Galego pola Defensa das Pensions

AMariñaXa
Un grupo de pensionista da Mariña, máis concretamente de Ribadeo, Lourenza, Mondoñedo, Foz e Barreiros, decidiron integrarse no movemento Movemento Galego pola Defensa das Pensions e os Servizos Públicos ou Modepen, nacendo así Modepen A Mariña.
14 Xan 2023

Un grupo de pensionista da Mariña, máis concretamente de Ribadeo, Lourenza, Mondoñedo, Foz e Barreiros, decidiron integrarse no movemento Movemento Galego pola Defensa das Pensions e os Servizos Públicos ou Modepen, nacendo así Modepen A Mariña.

Este grupo creouse e legalizouse a principios do 2016 para mobilizarse ininterrumpidamente na defensa das pensións e os servizos públicos, participando e apoiando a outros colectivos sociais como Sanidade, Educación, Atención a Dependencia, etc.

"Como consecuencia das reformas sobre pensions do 2011 e 2013, dos gobiernos de Zapatero e Rajoy, claramente encamiñadas a devaluar o sistema público de pensións coa intención de favorecer plans de pensións privados para beneficio da banca e aseguradoras, e sobre todo coa aprobación polo Gobernó de Rajoy de subir as pensións o 0,25% a partir do 2015, xerouse unha fonda preocupación pola perda de poder adquisitivo", din dende o novo colectivo.

"Dada a situación de deterioro a que estaba sometendo o sistema público de pensións, un dos dereitos históricos mais sensibles e necesarios para as familias traballadoras, tanto por conta allea como autónomos, en 2015 un grupo de pensionistas de Pontevedra e Vigo decidiron crear a plataforma", engaden.

0.19237184524536