Nace en Burela unha nova asociación de pesca recreativa

AMariñaXa
Nace a Asociación de Pesca Recreativa Burela da man de dúas mulleres tenaces e decididas: Ana Argiz e Gloria González,
nova asociacion pesca recreativa burela portada
19 sep 2022

Nace a Asociación de Pesca Recreativa Burela da man de dúas mulleres tenaces e decididas: Ana Argiz e Gloria González, que son parte da directiva (como presidenta e secretaria, respectivamente) xunto con Antón Valdés (tesoureiro) e numerosos vogais que se encargarán de que a Asociación consiga os retos para os que foi constituída.

Dende o mes de xuño tanto Portos de Galicia como a empresa madeireira concesionaria "botaron ós pescadores do peirao comercial", como eles mesmos afirman, cando se levaba un ano convivindo sen ningún problema. Segundo explican dende o novo colectivo, "esta decisión provocou a masificación do resto das escasas zonas permitidas de pesca, de que houbera pescadores que intentaran pescar noutras zonas sen actividade pero que ó non estar permitidas provocaran a súa expulsión con advertencia ou sanción, por parte da Garda Civil, e incluso que moitos pescadores optaran por marcharse a outras vilas ou á veciña Asturias".

A Asociación de pesca Recreativa Burela nace coa intención de chegar a acordos coas diferentes partes, respaldados por unha masa social e o apoio doutras asociacións, colectivos e a maioría do pobo de Burela. Tamén de impulsar a pesca recreativa responsable e sostible, "ensinando valores e dando a coñecer unha afeición a cativos e demáis personas interesadas".

Reprentantes da Asociación xa se reuniron co alcalde e a concelleira de Mar, así como cos restantes partidos políticos para conseguir o seu apoio. Tamén se reuniron co Capitán da Garda Civil do cuartel de Burela e está prevista unha reunión con Portos.

"É unha excelente noticia para o pobo de Burela a creación dunha nova asociación que una á xente e que loite por un mellor benestar", engaden.

nova asociacion pesca recreativa burela
0.18977403640747