Nace a Asociación de Comerciantes da Pontenova
Naceu a Asociación de Comerciantes da Pontenova, cunha clara promoción, apoio e incentivación do sector do comercio local do municipio, o seu presidente asociación, José Luis Balseiro, conta como está a vivir estos primeiros días.
Como xurdiu a idea?
O concello falou con nos para ver se queríamos facer algunha prpmoción de cara ao Nadal, pero claro tiña que ser a través dunha asociación. Ao principio íamos retomar a outra que había na Pontenova, pero esa está un parada e conta cuns 200 socios, e a nosa idea era facer algo máis pequeno, máis asequible e fácil de levar para nos.
Cantos socios son xa?
Aínda que é de moi recente creación, contamos xa con 29 membros. Entre eles comercios, tendas de roupa, ferreterías, un supermercado, unha tenda de piensos, etc, é dicir, tendas de cara ao pública cunha infraestatructura similiar.
Cales son os proxectos inmediatos?
Nós queremos animar o consumo no Concello, e de momento estamos asociados a Federación de Comercio de Lugo e vamos comerzar coa campaña Nadal seguro, no que se sortean 40 premios cun valor de 10.000 euros que poderán reinvestir en novas compras dos comercios adheridos á campaña. Ademais, facemos un sorteo de colaboracion co Concello da Pontenova de 1.500 euros en vales de compra nas tendas asociadas e que durará dende o 14 de decembro ata 6 de xaneiro, e son 30 vales de 50 euros.
Por outra banda, estamos inmersos na creación e promoción da asociación nass redes sociais porque sabemos que é un sector moi forte, tamén pensamos facer un video promocional, e ademais preparamos un logotipo que nos serve para facer bolsas recicladas e así facer máis visible ao colectivo e o municipio.