Na Aula CeMIT de Ribadeo impartiranse tres cursos presenciais durante este mes
AMariñaXa
Na Aula CeMIT do Concello de Ribadeo impartiranse tres cursos presenciais durante este mes de outubro. todos de balde
11 Out 2022
Na Aula CeMIT do Concello de Ribadeo impartiranse tres cursos presenciais durante este mes de outubro.
O 17 de outubro de 10:30 a 11:30 terá lugar un curso sobre o DNI electrónico. O 20 de outubro a Ciberseguridade e a protección na internet protagonizarán a xornada de 11 a 13 horas. E o 24 de outubro o curso versará sobre trámites online sen certificado dixital de 10:30 a 11:30 horas.
Estes cursos permitirán acadar conceptos relacionados cos trámites dixitais coas distintas administracións, e tamén aprender a como protexerte na internet e non caer nas trampas.
Os cursos son de balde e para tódolos públicos. As persoas interesadas en asistir poden reservar a súa praza enviando un correo electrónico a cemit.ribadeo@xunta.gal