Música en directo e degustacións, na II Festa da Ría de Ribadeo

AMariñaXa
A gastronomía será unha das grandes protagonistas esta fin de semana no municipio de Ribadeo
220824-Foto-Festa-da-Ría-presentación
Foto recurso
22 Ago 2024

A gastronomía será unha das grandes protagonistas esta fin de semana no municipio de Ribadeo. A lonxa será de novo escenario da segunda edición da Festa da Ría. A partir das 12.00 horas, veciños e asistentes poderán achegarse ao ugar e desfrutar de degustacións de mexillóns e ostras da ría.  Pero ademais de coñecer a gastronomía local, a música tampouco vai a faltar nesta cita. A partir das 12.00 horas Pandereteiros do inferno animarán a celebración cunha actuación, ao que lle seguirá, a partir das 13.30 horas, Tumba e dalle. Ao finalizar tamén poderán desfrutar do DJ Tralla.

“En primeiro lugar, o que temos que facer é agradecer todo o traballo que está facendo a asociación Catro Canos, tamén todo o sector mariñeiro de Ribadeo, á lonxa, ese gran impulso que nos deu e desde logo coa colaboración institucional neste caso da Xunta de Galicia, concretamente da Consellería do Mar”, dixo Dani Vega. O alcalde indicou que “todo o traballo que se está a facer ten varios obxectivos, o primeiro deles é apoiar, sen lugar a dúbida a un sector, apoiar tamén a uns produtores, a ese produto de proximidade e desde logo todo o sector creo que hai que respaldalo con accións e que mellor que poñer en valor un produto da nosa ría”.

Vega subliñou “a colaboración da Xunta de Galicia para financiar este evento. Van chegar foodtracks para promocionar o produto de toda Galicia, Galicia Sabe a Mar, e desde logo esta coordinación entre o sector, a asociación Catro Canos, que tamén está colaborando e está poñendo da súa parte para que distintos eventos teñan esa dimensión desde un punto de vista turístico e desde un punto de vista cultural. E desde logo nós agradecemos que toda esta colaboración co Concello, co sector, en definitiva, para promocionar tamén un produto e sen lugar a dúbida o noso Ribadeo”.

O rexedor anima a asistir á II Festa da Ría. “Creo que nos debemos achegar todos ao porto, á lonxa concretamente, para degustar un produto, para promocionar a nosa ría, para unirnos cada vez máis con esta ría que nos representa a todos, e para apoiar e estar sempre ao lado dos produtores dun sector tan importante como é o sector pesqueiro”. A Festa da Ría estáa organizada pola Xunta, polo Concello de Ribadeo, a asociación de percebeiros O Cerredo e cofinanciada pola Unión Europea.

Adenais, este xoves, 22 de agosto, dentro das actividades de conmemoración do 400 aniversario do Forte de San Damián, Rafa Codes presenta o libro El Galeón de Manila, la ruta que cambiou o mundo. "Comentará ademais un interesantísimo episodio que conectou a ruta deste Galeón de Manila co convento de Santa Clara hai uns catro séculos. Será ás oito e media, no propio Forte. A entrada é libre e gratuíta, ata completar a foro”, explicou a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo.

A edil ribadense dixo que “desde a sete da tarde o Forte de San Damián estará aberto, amosando unha exposición sobre a construción do primeiro Forte, do que se cumpren agora 400 anos. A oferta cultural seguirá o venres, día 23, co concerto Música de Cine da Banda Municipal de Música de Ribadeo, ás oito e media no auditorio. Será un concerto para todos os públicos, con oito pezas de bandas sonoras orixinais de películas, das que seis serán estreas”. Por outra banda, o sábado, ademais da Festa da Ría, na tradicional Malla das Anzas, poderán rematar o día no guateque dos anos 60 e 70 no Parque de San Francisco. "O domingo volveremos ter música de guateque para a sesión vermú. Animádemos, vémonos coa cultura”.

festa da ría ribadeo
0.20281720161438