Música e gastronomía na I Xuntanza Espallando Letras de Cervo

AMariñaXa
Contará coa participación dos Acordeonistas da Mariña, a S.C.R. Ledicia de Burela e os grupos locais Cordenaia e Fol do Raxal
espallando-letras-presentación-cervo
Presentación da xuntanza
16 May 2024

O pavillón de San Román acolle este venres, con motivo do Día das Letras Galegas, a I Xuntanza Espallando Letras, organizada pola asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras e a asociación de veciños de San Román de Vilaestrofe, coa colaboración do Concello de Cervo. O encontro terá lugar a partir das 18.30 horas e contará coa participación dos Acordeonistas da Mariña, a S.C.R. Ledicia de Burela, e os grupos locais Cordenaia e Fol do Raxal. Ademais haberá racións de pan, touciño, chourizo e bebida, a prezos populares durante a tarde.

A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, e por representantes das asociacións organizadoras ante a casa do concello. A alcaldesa quixo darlle os parabéns tanto ás Espalladoras como á asociación de veciños de San Román pola iniciativa para conmemorar un día tan marcado nas nosas letras, como é o 17 de maio.

Animou tamñen a veciños e visitantes a participar nesta I Xuntanza, que congregará a diferentes grupos tradicionais referentes na bisbarra “como homenaxe á nosas letras, nesta data tan marcada no calendario galego”. Desde o Concello –engadiu- colaboran en todo canto está na nosa man para facilitar a celebración deste Encontro que tamén contribúe a dinamizar as nosas zonas rurais.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18972516059875