Muras, Xermade e Ourol ofrecen formación gratuíta para os proxectos de impulso do rural

TerraChaXa | AMariñaXa
Muras, Xermade e Ourol, acollerán durante seis meses unha formación especializada dirixida a persoas que queiran emprender na contorna rural.
FORMACION RURAL ECOS DO SUR PORTADA
23 Abr 2022

Os municipios chairegos de Muras e Xermade e Ourol, na Mariña, acollerán durante seis meses unha formación especializada dirixida a persoas que queiran emprender na contorna rural, especialmente a aqueles que residan en cidades ou en vilas galegas e desexen lanzar un proxecto de vida no campo.

A ONG coruñesa Ecos do Sur impulsa este curso ocupacional de agricultura, gandería e servizos forestais, que se enmarca dentro do proxecto Habita Rural, financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Esta iniciativa é gratuíta e inclúe os desprazamentos, vivenda e manutención das persoas seleccionadas nos tres municipios.

En 2021 celebrouse a primeira edición de Habita Rural, que deu como froito un catálogo de oportunidades de emprendemento en Muras, Xermade e Ourol

O prazo para inscribirse está aberto ata o próximo 30 de abril a través de bit. ly/ habitarural. Ademais, os interesados en coñecer máis información acerca deste proxecto poden remitir un correo electrónico a cooperativas@ecosdosur.org.

O proxecto, que comezará a mediados de maio, ten como obxectivo revitalizar o rural galego freando o despoboamento e o abandono de terras produtivas. Ao mesmo tempo, explican desde a ONG, ofrécense oportunidades de vida, capacitación e emprego no campo a residentes de lugares urbanos, onde se concentran as principais bolsas de desemprego e exclusión.

As persoas interesadas neste proxecto poden cursar a súa solicitude no enlace https://bit.ly/habitarural ou poñerse en contacto coa organización no correo cooperativas@ecosdosur.org.

0.20082402229309