Mujeres en Igualdad imparte en Riotorto dous talleres sobre violencia e autoestima
TerraChaXa | AMariñaXa
Riotorto acollerá en novembro dous talleres dirixidos a mulleres, sobre violencia de xénero e outro sobre autoestima e motivación.
5 Out 2021
O Concello de Riotorto acollerá en novembro dous talleres dirixidos a mulleres. O primeiro deles, de dúas horas de duración falará sobre violencia de xénero e o segundo, coa mesma duración, será sobre autoestima e motivación.
Aínda están sen concretar os días e o horario da formación pero si está establecido que se realizarán talleres gratuítos.
Os interesados en inscribirse poden facelo no departamento de Servizos Sociais do Concello ou no teléfono 0982 346 222.
O curso estará ao cargo da Asociación Mujeres en Igualdad Provincial de LUgo-Bumei.