Mozos gandeiros da provincia foron premiados en Lalín na clausura da súa Escola

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
O evento estivo organizado pola Federación Frisona Galega (Fefriga) e o Club de Xóvenes Gandeiros en Lalín
entrega-de-galardons-escola-xovenes-gandeiros
2 Aug 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, presidiu o acto de clausura da VI Escola de iniciación de futuros gandeiros, así como a entrega de mencións e distincións ás mellores explotacións de 2024, nun evento organizado pola Federación Frisona Galega (Fefriga) e o Club de Xóvenes Gandeiros en Lalín onde foron premiados varios xóvenes da provincia.

Ao acto asistiron 26 mozos e mozas, de entre 8 e 19 anos, que participaron nesta escola e que puideron afondar nos coñecementos sobre o manexo do gando, a preparación para concursos, a alimentación, a xenética e o benestar animal, todo iso da man de profesionais do sector e nun ambiente pensado para favorecer tanto a aprendizaxe como a convivencia e o compromiso coa actividade gandeira. Esta iniciativa ten como obxectivo principal promover o relevo xeracional e espertar o interese pola gandaría entre a xente moza.

Pola súa parte, os galardóns entregados pretenden recoñecer o esforzo, a dedicación profesional e o compromiso coa mellora continua das explotacións máis destacadas durante o último ano.

Na categoría de Mellores Explotacións por Produción, o primeiro posto foi, por sexto ano consecutivo, para Gandería Rodasinde S.C., do concello do Saviñao (Lugo). En segundo lugar situouse SAT As Pandas, de Vilalba (Lugo), seguida por Casa do Rego, de Láncara (Lugo).

En Calificación Morfolóxica, destacaron as explotacións Mantoño Holstein, de Barreiros (Lugo), Baixo Holstein, de Sarria (Lugo), e Finca La Asunción, de Touro (A Coruña).

Segundo o Índice ICO, encabezou a clasificación SAT Agosto Darriba, da Pastoriza (Lugo), seguida pola Finca Mouriscade e Abonxo, ambas de Lalín (Pontevedra).

En canto ás Producións Vitalicias, sobresaíron as vacas Xusto Braxton Benzema, da SAT Gandería Xusto (Lugo), Grille Bradnick 347, da cooperativa Grille S. Coop. Galega (A Coruña), e Petra, da gandería Mosquera (A Coruña).

No apartado das Mellores Vacas Produtoras, repetiu como líder Xusto Braxton Benzema, acompañada de Lodos Torrel Merita e As Pandas Missione 874.

Finalmente, na categoría de Mellores Primeirizas, foron recoñecidas Penedo Pluto 0328 e Penedo Montana 2781, da Finca Marisa (A Coruña), xunto con Rodasinde Humblenkind 682 7771, da Gandería Rodasinde S.C. (Lugo).

⚙ Configurar cookies
0.15666389465332