Entréganse os premios do XVII Concurso de Tapas Cidade de Mondoñedo

AMariñaXa
Foron tres as tapas escollidas como as mellores por votación popular
Entrega-Premios-Tapas---2024-mondoñedo
14 Dec 2024

Os gañadores do XVII Concurso de Tapas Cidade de Mondoñedo recibiron os seus premios nunha entrega.  O acto, levado a cabo no Salón de Plenos da Casa Consistorial, acolleu a representantes dos establecementos, que formaron parte do concurso, así como ás persoas agraciadas cos diversos premios sorteados entre os participantes no mesmo.

O establecemento gañador do concurso de tapas, por votación popular, foi O Petisco coa tapa denominada 'Eu que sei!', en segundo lugar quedou A Taberna de Galiana con 'Bocado do Casalón' e, en terceiro lugar Faragullas con 'Un Vou e Veño'.

Entre as persoas que foron de tapas por Mondoñedo, sorteáronse catro entradas á Cova do Rei Cintolo, tres lotes de viño, unha noite na Suite do Hotel Camiño de Estrelas, así como un lote de viño de O Bodegón a Catedral, unha cea para dúas persoas en O Petisco, unha Pizza en O Porriño e un lote de produtos de O Rincón de Mondoñedo.

Desde a hostalería mindoniense e o Concello agradeceron a gran acollida que tivo este evento e emprazar a todo o mundo para a vindeira edición que terá lugar a finais do ano 2025.

0.14388680458069