Mondoñedo vive en plenitude As San Lucas, hoxe co Festival Intercéltico

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Feira de As San Lucas de Mondoñedo, unha cita que celebra entre os días 17 e 20 de outubro a súa 863ª edición, está en pleno apoxeo e como novidade, este ano a programación ontará cun Festival Intercéltico deste 19 de outubro, o que converterá á cidadenun punto de encontro para as chamadas nacións celtas.
28b7c5a8 58e0 4852 b50f 342518180cfb
19 Out 2019

A Feira de As San Lucas de Mondoñedo, unha cita que celebra entre os días 17 e 20 de outubro a súa 863ª edición, está en pleno apoxeo e como novidade, este ano a programación ontará cun Festival Intercéltico deste 19 de outubro, o que converterá á cidadenun punto de encontro para as chamadas nacións celtas. Esta nova incorporación inclúese en O teu Xacobeo, a convocatoria da Xunta para proxectos sociais, culturais, deportivos, patrimoniais e gastronómicos para implicar a toda a sociedade no impulso e programación do vindeiro Ano Santo. 

Este novo festival permite que O teu Xacobeo se aproxime agora As San Lucas, unha das citas máis salientables das nosas tradicións, unha feira de gando cabalar centenaria que situou por séculos a Mondoñedo no centro da Cornixa Cantábrica. Así, a realización deste festival facilitará un gran intercambio cultural no Camiño, acadando un dos seus obxetivos principais, que é a diversidade das persoas que o transitan. O evento celebrarase na Praza da Catedral de Mondoñedo, o monumento mindoniense, declarado Patrimonio Mundial da Humanidade no ano 2015, que é, ademais, a única Catedral do Camiño Norte de Santiago en Galicia ata Compostela. 

OITO SIGLOS DE CATEDRAL. O festival será gratuíto e o seu cartel estará composto por músicos galegos e de fóra. Arrancará co grupo de gaiteiros da comarca, que tocarán desde as torres da catedral, ao que lle seguirá a actuación do gaiteiro asturiano Brais Rodrigo. Logo será a quenda do  espectáculo de Xavier Díaz e Adufeiras de Salitre, o grupo irlandés Lunasa e pechará o cartel o grupo francés de música celta e bretoa Gwendal. Tamén se proxectará un videomapping na fachada da catedral con motivo da conmemoración do 800 aniversario da súa construción. 

Hoxe sábado terá lugar  a gran final Copa de Galicia de cabalos e eguas de pura raza galega no campo da feira e o domingo será o oitavo concurso de andadura de cabalos trotóns no recinto da Granxa.

Hoxe tocarán tamén as orquestras Aramio e Claxxon, despois de que o 17 comezaran as actuacións Panorama e Grupo Beatriz, aínda que o máis importante desta xornada será o Festival Intercéltico na praza da catedral. O domingo, para pechar as festas, subirán ao escenario La Oca Band, Los Satélites e haberá un monólogo de Álex Clavero.

0.19603705406189