Mondoñedo, unha incógnita

AMariñaXa
Mondoñedo está en constante alternancia nos comicios electorais da última década, polo que para estas eleccións a cor de mando podería mudar
candidatos mondonedo 2023
18 Maio 2023

A cidade episcopal está en constante alternancia nos comicios electorais da última década, polo que para estas eleccións a cor de mando podería mudar e máis trala marcha de Elena Candia para a capital da provincia

As esquerdas mindonienses de PSOE e BNG esperan volver a ter o suficiente apoio nas urnas para xuntar forzas e arrebatarlle a Alcaldía á candidatura popular. Así, os socialistas presentan unha candidatura con moita experiencia na política municipal e con ganas de traballar polo futuro do concello, a de Esperanza González. O BNG volve confiar en Eloi Cabanas, actual voceiro municipal, para seguir co modelo nacionalista que tan bos resultados está acadando na comarca. Pola contra, os populares presentan ao actual rexedor, Manuel Otero, que enfila a carreira electoral coa experiencia do tempo que leva á fronte do Concello, dende a renuncia de Elena Candia.

PP. O actual alcalde, Manuel Ángel Otero Legide, será o candidato do Partido Popular que se prepara para a carreira electoral coa experiencia do tempo que leva á fronte do Concello, dende a renuncia de Elena Candia, e coa acumulada durante os anos que desempeñou á tenencia de alcaldía. Otero Legide di que é unha lista de xente con experiencia, continuísta, deseñada para avanzar rápido e seguro na execución do proxecto do PP para Mondoñedo e para empezar a traballar dende o primeiro día.

Para Otero Legide é prioritario seguir avanzando na mellora e ampliación dos servizos sociais, así como completar as realizacións no ámbito da ordenación urbana, en xeral, e en especial do casco histórico. Nesta liña, a rehabilitación de inmobles é unha parte fundamental. Lembra que nestes anos pasados foi aprobado o PXOM e que será de gran importancia a aprobación do plan especial do casco histórico. Destaca a relevancia de conseguir no seu momento a declaración de Área de Rehabilitación Integral e o Plan Rexurbe. Otero pon de relevo a importancia que o PP dá a zona rural. “Para nós está no centro das nosas políticas; sempre foi unha prioridade; queda demostrado no traballo que levamos feito na mellora das estradas municipais”.

Outra faceta de gran relevancia, segundo indica o alcalde e candidato a repetir no cargo, é a promoción turística de Mondoñedo, do seu patrimonio; trátase -di- de seguir avanzando na liña que se veu seguindo dende que o PP asumiu a Alcaldía con Elena Candia. Do mesmo modo que no impulso ao asentamento de empresas e a xestión da mellora das infraestruturas que, sen ser de titularidade municipal, dan servizo a Mondoñedo.

PSOE. Esperanza González Martín repite como candidata socialista e “acompáñame un grupo de veciños con gran experiencia na política municipal e con capacidade para xestionar o Concello”, na que se inclúen “novas incorporacións con xente moza da nosa cidade que ten ganas de sumarse a este proxecto progresista”.

“Como socialista e veciña do Barrio dos Muíños para min é un autentico privilexio encabezar a candidatura socialista de Mondoñedo, porque creo sinceramente que dende a política local poden cambiarse moitas cousas, pero contando sempre coa colaboración da veciñanza e unindo esforzos entre todos”, remarcou Esperanza González.
A candidata avanzou que “Mondoñedo precisa centrarse en priorizar a creación de emprego, promover a actividade agrícola, gandeira e empresarial, impulsar o comercio local, dinamizar o tecido asociativo, fomentar o turismo e sobre todo políticas activas para atraer e fixar poboación no noso Concello”.

“O noso Concello non pode gobernarse desde Lugo, a veciñanza ten dereito a ter un futuro digno, cun goberno de homes e mulleres que resolvan os problemas das nosas parroquias e dos nosos veciños. E favorecendo sempre a equidade en tódalos recunchos do noso pobo, sen favoritismos” dixo González.

BNG. Os nacionalistas mindonienses presentaron a candidatura completa coa que concorrerá ás vindeiras eleccións. Esta estará encabezada polo actual portavoz municipal no concello de Mondoñedo, Eloi Cabanas Ramos, que declara que o novo proxecto co que se presenta a formación nacionalista a estas eleccións “combina a experiencia e a solvencia dos que xa formaron parte da corporación en anos anteriores e a ilusión e o compromiso de traballo das novas incorporacións”.

O BNG concorre aos comicios coa aspiración de ser unha forza determinante no concello co obxectivo de demostrar que é posible outra forma de gobernar para mellorar a vida da veciñanza. Cabanas, declara que se presentan a estas eleccións con moita ilusión, responsabilidade e co aval do traballo realizado nestes anos desde a oposición, poñendo derriba da mesa propostas que evidencian a necesidade de que o BNG estea no concello con forza para liderar un goberno capaz de desenvolver, todas esas iniciativas que lograron aprobar no concello e que o goberno popular non quixo sacar a diante.

“Esta lista demostra que hai alternativa, queremos liderar un goberno con xente capaz, con gañas e novas ideas para desbotar o conformismo e mudar a realidade cotiá dos veciños”.

CANDIDATOS ELECCIÓNS 2023

PSOE

1. Esperanza González Martín
2. Francisco Domenech Fanego
3. Modesto Díaz García
4. José Manuel Barreira García
5. Natividad Magdalena Domenech
6. Pablo García Otero
7. Alejandro Barreira González
8. Alexandra López Rodríguez
9. Miguel Chao Míguez
10. María Luisa Marcos Prieto
11. María Concepción Becerra Bouso
Suplentes:
1. Fernando Anello López

BNG

1. Eloi Cabanas Ramos
2. Josefa Carballeira Díaz
3. María Elena Freire Castro
4. André Outeiro García
5. Clara Vila Vázquez
6. Manuel Anllo Centeno
7. José Chao Vega
8. María del Carmen Maseda Díaz
9. Pablo Rodríguez García
10. Ana Isabel Barreira Botana
11. Manuel Orlando González Cruz
Suplentes:
1. Feliciano Berdeal-González
2. Beatriz Villarino González

PP

1. Manuel Ángel Otero Legide
2. María Ángeles Rodríguez Rico
3. José Otero Rejes
4. Manuel Tapia Rivera
5. María Patricia Otero Doural
6. Alberto García Fernández
7. Armando José González Barreira
8. María del Pilar Díaz Fernández
9. Miguel Ángel Arias García
10. Ana Mel López
11. María Milagros Martínez Rivas
Suplentes:
1. José Ramón Díaz Barreira
2. María Gervasia Cabanas Eiras
3. María Amparo Anello Gil
4. Luis Otero Pena
5. Luciano Folgueiro Lorigados
6. Pablo Redondas Losada
7. María del Carmen Cillero Méndez

mondoñedo  eleccions 2019
0.20924186706543