Mondoñedo terá desfile de Entroido con premios e festa no barrio dos Muíños
O Concello de Mondoñedo celebrará a festa de Entroido o sábado 5 de marzo, xornada na que terá lugar o Sábado de Piñata.
O desfile dará inicio ás 17.30 horas e o seu punto de saída será desde o Campo dos Paxariños, e percorrerá a avenida San Lucas e as rúas Obispo Sarmiento, Andrés Baamonde e Progreso para finalizar na praza da Catedral.
A festa proseguirá ao rematar o desfile coa orquestra Principal na praza do Concello e tamén amenizarán a festa despois da entrega de premios que será a partir das 23.00 horas.
Haberá premios nas categorías adultos (comparsas 1.560 euros, grupos de máis de 10 persoas 850 euros, grupos de menos de 10 persoas 450 euros, parellas 385 euros e disfraces individuais 325 euros) e infantil (grupos 450 euros, parellas 225 euros e individuais 150 euros).
Ademais, haberá un premio especial ao mellor grupo de batería e percusión de comparsas, dotados con 250 euros.
Será posible anotarse a través do correo electrónico entroidomindoniense@gmail.com ou chamando ao número de teléfono 982 524 003. O prazo máximo para inscribirse será o venres 4 de marzo.
Por outra banda, a Asociación Barrio dos Muíños tamén organizará a súa I Festa de Entroido dos Muíños durante a xornada do venres 25.
Haberá concurso de disfraces para os tres mellores e sorteos ao longo da noite. Dende a organización lembran que están á venda as camisetas dos Muíños.