Mondoñedo quenta motores para As Quendas 2026, que se celebrarán do 30 de abril ao 3 de maio

AMariñaXa
A organización comeza a animar o ambiente nas redes sociais, onde nas vindeiras xornadas irá desvelando novos detalles da programación
quendas_mondoñedo
13 Apr 2026

Mondoñedo xa se prepara para vivir unha nova edición de As Quendas, unha das citas festivas máis emblemáticas da localidade, que terá lugar do 30 de abril ao 3 de maio. Así o anunciou a Asociación As San Lucas, que avanza catro días de tradición, ambiente e celebración.

A organización comeza a quentar o ambiente nas redes sociais, onde nas vindeiras xornadas irá desvelando novos detalles da programación. Aínda que recoñecen con humor que van algo xustos de tempo, aseguran que a festa está en marcha e promete manter a súa esencia.

As Quendas volverán converter Mondoñedo nun punto de encontro para veciñanza e visitantes, cunha proposta que combina tradición, cultura e lecer arredor dunha das celebracións máis arraigadas da zona.

0.12349796295166