Mondoñedo quece motores para as San Lucas

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
2 Out 2019

As San Lucas de Mondoñedo celebraránse na cidade mariñá entre o 17 e o 20 de outubro. A Praza da Catedral non só é unha das cúspides do patrimonio histórico- artístico da cidade senón que tamén é onde  se desenvolverán unha parte das actividades do programa deste ano. Polas pedras desta emblemática praza, trotan cada 17 de outubro dende fai 863 anos, os cabalos que baixan dende os montes da contorna ata o Campo da Feira para ser vendidos na Gran Feira do día 18.

INTERNACIONAL. O presidente da Asociación As San Lucas, Miguel Souto, asegura que estas feiras e festas achegan un ano máis “valor histórico, cultural e literario” á cidade, a través dun amplo programa “que engloba, ademais da tradicional feira de Gando Cabalar o día 18, actividades culturais, literarias, xunto a música e diversión”.

O cartel deste 2019 é “unha nova obra de arte” do mestre Xosé Vizoso. Souto di que o cartel “representa moi ben e plasma de xeito maxestoso e moi característico e persoal non só a esencia das San Lucas, senón tamén o programa desta edición que daremos a coñecer nas vindeiras presentacións”. 

MONÓLOGO. Miguel Souto adiantou que o programa que desenvolve a asociación, coa colaboración de veciños e veciñas e das administracións públicas, inclúe o monólogo de Álex Clavero, colaborador en Rock FM, entre outros espazos.  Trae a Mondoñedo un espectáculo de risas e recordos, no que mostra o moito que cambiou o mundo en tan pouco tempo e que terá lugar o domingo 20 de outubro, ás 18:30 horas no auditorio Pascual Veiga. Xa están as entradas á venda na plataforma Woutick . 

Un ano máis, as verbenas estarán amenizadas coas mellores orquestras: Comezan o dia 17 coa Panorama e Grupo Beatriz;  18 Palladium e Olympus; día 19 actuarán as formacións Aramio e Claxxon e, por último, o 20 tocarán La Oca band e Los Salélites .

0.18822979927063