Mondoñedo publica o resultado do concurso de Entroido

AMariñaXa
Amplia e creativa participación no Entroido deste ano de Mondoñedo, que fixo públicos os disfraces gañadores do seu concurso virtual.
mondo5
6 Mar 2021

Amplia e creativa participación no Entroido deste ano de Mondoñedo, que fixo públicos os disfraces gañadores do seu concurso virtual.

Para os adultos, na categoría individual gaño A dama do reciclaxe, seguida de La diosa Lilit e a Dama de papel mindoniense 2021. En parellas, os premios foron para Balcóns de confinamento, As catrinas de Terras e As Marías de Santiago. En grupo gañou Alboroto en el gallinero seguido de Pop Art e Mi vaca lechera.

Tamén houbo premio para os menores. En individual gañou O rico mexilón, seguido de Desta non libro e Ovelliña de algodón. En parellas os premios foron para COVID-19 marcha xa, As sirenas de mar e Hakuna Matata. Finalmente, en grupos repartiron galardóns  El mágico cuento, Día de muertos. México e Sinfo entroido.

0.18450403213501