Mondoñedo promove un curso de defensa persoal para reforzar a seguridade das mulleres

O Concello de Mondoñedo, a través do Centro de Información á Muller (CIM), organiza un curso intensivo de defensa persoal con técnicas básicas orientadas a mellorar a seguridade e a confianza das mulleres. A iniciativa, que busca ofrecer ferramentas útiles fronte a situacións de risco, está destinada a mulleres maiores de idade e rapazas maiores de 16 anos con autorización.
A actividade desenvolverase o domingo 15 de xuño de 2025 na Ludoteca Municipal de Mondoñedo, cun horario dividido en dúas sesións: de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h. As prazas son limitadas, polo que será necesario inscribirse antes do 11 de xuño nas oficinas do CIM ou dos Servizos Sociais, ou ben chamando ao teléfono 982 524 003 (ext. 8 e 9) ou escribindo ao correo electrónico cimmondonedo@yahoo.es.
O curso está financiado no marco do Acordo de Colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e o Goberno de España, dentro do programa para a creación dunha rede de entidades locais contra a violencia de xénero.