Mondoñedo presentará un proxecto de telemedicina rural
O vindeiro martes día 20 de abril do 2021, ás 19:30 horas, terá lugar no Pazo Santomé na rúa Julia Pardo de Mondoñedo, a presentación dun proxecto de telemedicina en entornos rurais.
Trátase da presentación dun estudo académico sobre telemedicina que se vai a levar a cabo en Mondoñedo na vindeira semana acerca de usos da medicina a través de sistemas móbiles en áreas rurais.
Presentaranse as vantaxes e usos da telemedicina en problemas cotiás e na presentación do estudo participarán José Ramón Saura, Felipe Debasa e Roberto Reigosa.
Está oragnizada pola Universidade Rey Juan Carlos e o Concello de Mondoñedo, o acto ten prazas limitadas, polo que é preciso apuntarse na Oficina de Turismo durante a fin de semana ou o martes ao longo de todo o día, no teléfono 982 50 71 77.
A actividade realizarase contemplando as medidas anti-covid 19 vixentes no momento actual.