Mondoñedo prepara con Aqualia a conexión de Sasdónigas e o remate do saneamento
O Concello prepara con Aqualia a conexión de Sasdónigas e o remate do saneamento neste lugar, así, o informaron despois dunha reunión de traballo con representantes da empresa na que avanzaron na que será a última fase do proxecto de saneamento da parroquia, concretamente, as iniciativas proxectadas inclúen a conexión e o saneamento na última fase en Sasdónigas, estando en funcionamento Lousada xa dende o ano pasado.
“É un proxecto complexo”, sinalan os dirixentes locais, que, “pouco a pouco, e despois de moitas dificultades e con varias xuntanzas, imos concluíndo e, sobre todo, que é o que máis nos importa, solucionando os problemas e dando solucións”.
Dende o Concello destacan a importancia de rematar un proxecto que tivo moitas dificultades. O goberno local destaca a colaboración entre administracións e a dispoñibilidade dos veciños en construír servizos e mellorar o rural. De feito, varios barrios de Sasdónigas tiveron reposición de firmes con aglomerados e, concretamente en Lousada, a reposición de formigón que mellorou substancialmente os contornos da parroquia.
Con Elena Candia como alcaldesa e, agora con Otero como rexedor, o esforzo realizado neste senso continúa. Así, as actuacións que se levarán a cabo permiten concluír a segunda fase do proxecto de saneamento das parroquias citadas.
Novo bispo Mondoñedo-Ferrol
Coñecida a noticia da nova designación de Fernando García Cadiñanos como novo bispo da diócese Mondoñedo- Ferrol, dende o Concello xa lle deron a benvida ao novo representante episcopal, agardándolle moitos éxitos no seu día a día. Neste senso, o goberno local ponse a disposición do que ata o de agora fora vicario xeral da diócese de Burgos “para establecer pontes” que redunden no impulso e proxección da cidade, “pois temos un gran legado patrimonio-artístico-relixioso que queremos seguir poñendo en valor”.